A Coruña / Cruña / Qurunna / Crunna / Crunia
"Todos contentes con esa leria de oficializar Lacoru (quererán tamén traducir ao castelán o nome da provincia?). Todos felices nese afán da dereita por conseguir que o topónimo oficial coruñés teña aparencia vasca (quen nolo ía dicir!).
O PP contente porque fortalece así a súa estratexia reaccionaria, revisionista e revanchista, deconstrutora da Autonomía, da ditadura e dos últimos 525 anos, e chanta unha bomba de reloxaría que divide aos antigos parceiros no bipartito. Carlos Negreira porque oculta así os desmáns cometidos na obra de Punta Lagosteira durante o seu paso por Portos de Galicia, intentando agochar de paso a ligazón existente entre os pecados Pérez Varela e os de Núñez Feijóo, pasando polos do bipartito. Mariano Rajoy porque así excusa dar explicacións sobre as raigames galegas do caso Gürtel e Rafael Louzán pode seguir a montar así congresiños de Galicia Bilingüe. E en definitiva a derechona “de toda la vida” porque poden así fachendear, elevando sen rubor a voz nas tabernas, repetindo en forma de eucaristía as máis baixas mentiras e emporcando calquera espazo público de debate político serio e sosegado. La Voz de Galicia así, na súa salsa, non vaia ser o demo que non volvan reunir os 100.000 fillos de Santiago."

Nenhum comentário:
Postar um comentário